26.12.06

un brindis por Gonzalo

Chim,Chim!
chocaron as copas o sábado no SanMiguel pola saúde de Gonzalo, o máis novo da segunda xeración dos lexendarios Albatros, fillo recen nado de Manolin, aos que enviamos unha forte aperta.

21.12.06

Sábado 23, 22 no Sanmiguel


Non faltes, se non estás anotado, avisa antes para que non falte o sitio.
Saúde

2.8.06

Albatros Vive!


Máis que nunca: Albatros Vive! grazas a un espectacular traballo en DVD feito por Francis (moitissimas grazas polo teu esforzo) que nos fai lembrar cousas de onte, ás veces con imaxes que non coñeciamos montadas de xeito espectacular e con moito acerto. (Grazas Carlos pola copia).

Este nadal merecería unha ceremonia-gala de estrea en Ourense cando estemos por alí, mentres lembramos un pouco o ano pasado, con este foto que me enviachedes.

Saúdos.
Luis Losada (antes Sito)

7.4.06

ola!

Abrimos este espazo de encontro que substitue á porta da farmacia.
Pasarllo aos demais.
Saúde

Luis Losada